lunes, 22 de junio de 2015

Ata sempre!

Tódalas cousas teñen o seu ciclo, e o de Acatromans toca ao seu fin.
Despídome deste blog que quixo ser (espero que o conseguise nalgunha medida) vehículo de comunicación entre escola e familias, caixón de recollida de actividades para os contidos que fomos traballando, canle de acceso ao que programábamos facer, escaparate dos traballos deste grupo de rapaces e rapazas, estímulo para mellorar a súa expresión, porta aberta á nosa aula.
Na saída que fixemos o último día do curso, Flora encontrou unha fermosa pedra en forma de corazón.
Pinchade nela, e veredes as fotos que fixen ese día.
Grazas tamén por todas as que enviastes polo whatsapp.
Disfrutade moito do verán!


https://goo.gl/photos/RAv59nQDrDHQhNnW8



miércoles, 17 de junio de 2015

ESCURSIÓN A SÁLVORA

O día 15 fomos a Sálvora, primeiro fomos en bus desde o colexio ata o muelle. A continuación fomos en catamarán ata Sálvora.
Tocounos un guia chamado Marcos, foi moi simpático pero algo exixente.
Vimos moitas gaivotas patiamarelas e moitos pitiños. No camiño habia moitos coellos mortos.
Vimos a aldea pero non nos deixaban entrar nas casas. Pero vimos un tractor, tamén habia uns hórreos dedicado ás Heroínas.
De volta ao catamarán moita xente foi abaixo e viase o fondo do mar.

https://goo.gl/photos/mvpUTobTHaRgeYaL9

martes, 26 de mayo de 2015

jueves, 14 de mayo de 2015

Obradoiro de graffiti

 Vistes que bonito quedou o muro do noso cole? Pois nós tamén participamos da tarefa de poñelo guapo.
A semana pasada houbo un obradoiro de graffiti, no que unha profe que se chama Sara nos explicou como se traballa esa técnica, ao tempo que experimentamos con ela.

https://plus.google.com/u/0/photos/106764338498479463641/albums/6148013463581121953/6148013549146131362?authkey=CIL8op_0jf28OA&pid=6148013549146131362&oid=106764338498479463641


Peixe a peixe, cuncha a cuncha, serea a serea, o muro quedou feito un mar de beleza!
Pinchando na foto, accededes a unha chea delas. 





Presentación para o cole de Perú

Como seguramente saberedes, levamos algún tempo carteándonos (por correo electrónico) cun grupo de alumnas e alumnos dun colexio de Perú.
Un dos profes dese cole, Raúl, é galego, e púxose en contacto con nós para ver de relacionarnos por carta, enviándonos información uns a outros, e participando así un pouco nós da súa realidade, e eles da nosa.
Hai uns días enviáronnos a revista "El Kaipacha". Un dos artigos que aparecen nela é dunha rapaza da nosa clase. Fíxonos moita ilusión.
Nós tamén quixemos facer un traballo para eles, e enviámoslles unha presentación de Power Point que fixemos con fotos de Aguiño.
Esperamos que vos guste!

miércoles, 6 de mayo de 2015

Facemos esculturas con Jontxu

O escultor aguiñense Jontxu Argibay leva varios días impartindo obradoiros de escultura para o alumnado dos distintos niveis do noso Centro.
A semana pasada tocoulle á nosa clase.
Trouxemos cadansúa caixa con area (non vos preocupedes, que nada máis rematar o traballo a area volverá para o sitio onde a collemos), e, despois de mollala, deixamos nela a marca da nosa man. Despois, enchemos o espazo restante da caixa con escaiola, que fomos preparando a medida que a fomos precisando.
Na area mollada, deixamos a pegada da nosa man

Agora estamos esperando que acabe de secar (por favor, que non chova máis!), para poder levar as nosas esculturas para casa. Que ganas temos de velas!
Mentres, tendes que conformarvos coas fotos do proceso...As outras, para a próxima semana.
Grazas, Jontxu!

miércoles, 29 de abril de 2015

Saída a Ribeira

Pra empezar a excursión, fomos ao centro de día de Ribeira, fomos falando e facendo novas amistades, despois @s alumn@s de terceiro cantaron dúas cancións e tocaron unha, despois nós recitamos poemas, tamén estivemos facendo de auxilaries de enfermeria.

Despois fomos ao teatro ver a obra do espantallo amigo. Aínda que fose diferente á novela gustoume moito, e foi moi gracioso.

Máis tarde, fomos á feira da educación, e vimos cousas moi chulas e divertidas, e tamén moi avanzadas, tamén estaban expostas cousas do noso colexio.

                                                    Estes somos nós recitando o noso poema

Traballo feito por Flora